venres, 23 de outubro de 2020

Hifoloma de lamelas verdes (Hypholoma fascicular)



Adoita aparecer en feixes ou grandes grupos, dende a primavera até o inverno, principalmente sobre tocos de coníferas.  É un fungo velenoso e moi tóxico, mais doado de identificar. A carne é amarelenta, de cheiro a iodo e sabor amargo.    Máis na wikipedia

 

xoves, 22 de outubro de 2020

Cadro coas árbores de ribeira dos ríos Galegos

Proposta de datos para recoller sobre as froitas, plantas e árbores



1-N
ome:
científico,  galego,  portugués, inglés, francés e castelán.
2-Etimoloxía- Orixe do nome
3-Sinónimos: principalmente  en Galego.
5-Características: Viváz, perenne , acuática, con flor ou sen flor, segundo o tamaño (herbácea, arbusto, árbore),  follas caduca ou perenne,
6-Hábitat: Fotoperiodismo (precisa sombra, semisombra, moita luz ...
7- Momento de maior interés :cando é a floración, cando está moi vistosa, se é  nemoral,  outras ...
8-Uso : Herbas mediciñais, tóxicas, velenosas, decorativa, .....Comestibles e non comestibles
9-Etnoloxía-curiosidades: costumes, lendas, poemas, cancións ...
10- Localización  .  

Acompañar os apartados anteriores con FOTOS ,   a poder ser propias (sen flor, con flor, ...). Ver modelos de fichas feitas  -  Ver modelo da Ficha da camelia  - Data de entrega : a que estime o/a  titor/a

NOTAS: A ficha hai que entregala por escrito e os maiores, a poder ser, tamén dixitalmente   (tipo powerpoint: cada apartado dos solicitados iría nunha diapositiva ou máis, acompañado  dunha imaxe. 

Os traballos meteránse no blog "Entre Herbas do Ghafos" (onde xa hai algunha información dalgunha das plantas e árbores)

Curiosidades que se poden investigar:

- Cantas plantas e  árbores hai en Campolongo que sexan autóctonas, alóctanas, naturalizadas, invasora, ou malas herbas.?
- Cantas son comestibles? Cantas tóxicas, ou velenosas?
- Cantas son mediciñais?
- Cantas hai que precisan sombra e cantas non?
- Cantas levan nome de Santo?
- No caso das herbas, cantas coinciden no seu nome?

Si se che ocorre algunha idea para investigar, AVISA!!!!!


mércores, 6 de maio de 2020

Fotos antigas do Parque de Campolongo antes do tobogán e a reforma da Piscina


Que árbores faltan agora? O nome das árbores témolos aquí: 1- Chopo 2- Alciprés dos pantanos (Alciprés calvo) 3- Freixo 4- Palmeira 5- Camelio 6- Salgueiro 7- Liquidambar 8- Alciprés de Portugal 9- Piñeiro de Oregón 10- Xinkgo Bilova 11- Pradairos 12- Moreira 13-        14- Loureiro  15- Carballo Americano  16- Pradairo vermello ou americano 17- Tulipa 18- Alfaneiro chines  19- Bidueiro 20- Carballo do país 21- Abeto  22- Cedro 23- Azar de China (Pitosporo) 24- Cedro  25- Tuias 26- Abeleiras 27- Ailanto (árbore dos deuses) 28- Catalpa

luns, 27 de abril de 2020

Estrilicia ou "Ave do Paraíso"

Estrilicia ou Ave do Paraiso
A estrilicia ou ave do paraíso, Strelitzia reginae Banks, é unha especie de planta anxiosperma (monocotiledónea) da clase das liliópsidas, subclase das zinxibéridas, orde das zinxiberales e familia das estrelitziáceas. É unha planta herbácea, rizomatosa, orixinaria de Suráfrica e amplamente cultivada en xardíns en rexións tropicais e subtropicais pola beleza das súas flores.
Tamén coñecida como "Ouro de Mandela

domingo, 26 de abril de 2020

As árbores da fraga


Estaba o acivro
de garda na fraga,
pasou o carballo
e non lle dixo nada.

Chegou o eucalipto
á porta petar,
o acivro de garda
non o deixou pasar.

Entrou o bidueiro
e máis o salgueiro,
tamén o cerquiño
e o ameneiro.

Pasou o pradairo
seguido do freixo,
tamén a abelaira
e o castiñeiro.

Logo entrou o buxo
e máis a sobreira,
despois veu a faia
xunto coa ulmeira.

-Vaite eucalipto
non insistas máis
que aquí na fraga
non podes entrar.


(Xosé Lois Seixo Fernandez)

luns, 23 de marzo de 2020

Escoita viaxeiro

Eu son a táboa do teu berce, a madeira do teu barco
a superficie da túa mesa, a porta da túa casa.
Eu son o mango da túa ferramenta
o bastón da túa vellez.
Eu son o froito que te regala e te nutre,
a sombra benfeitora que te acobilla
contra os ardores do verán,
o refuxio amábel dos paxaros
que aledaron cos seus cantos as túas horas
e limpan de insectos os teus campos.
Eu son a fermosura da paisaxe,
o encanto da horta,
o sinal da montaña
o lindeiro do camiño...
Eu son a leña que te quenta
nos días de inverno,
o perfume que te regala
e embalsama o aire a todas horas,
a saúde do teu corpo
e a ledicia da túa alma.
Por último, son a madeira do teu cadaleito.
Por todo iso, viaxeiro que me contemplas,
ti que me plantaste coa túa man
e podes chamarme fillo,
ou que me contemplaches tantas veces,
mírame ben, pero...
non me fagas dano.

Rabindranath Tagore

(India 1861-1941)

domingo, 6 de outubro de 2019

Corpos arbóreos - Árbores Senlleiras

Corpos arbóreos from Andres Victorero on Vimeo.

Ligazón "Árbores dos ríos galegos"


Primeiro paso para o proxecto de destapar o treito soterrado do Gafos: encargado o estudo de viabilidade


Nomes colectivos de plantas e árbores

NOMES COLECTIVOS DAS PLANTAS E ÁRBORES
INDIVIDUAL
COLECTIVO
SINÓNIMOS COLECTIVOS
RELACIONADAS
Ameixa
Ameixal Ameixerial
Ameixida
Amieiro / Ameneiro
Amieiral / Ameneiral
Abeleira
Bidueiro
Biduído
Albelo, bido, bedugo, bedulo, bídalo, budio
Torga, urce, urceira, uz
Cabaceira
Cana
Canido, caneda
Carballo
Cardo
Castaña
Castañal /Castiñeira
Cerdeira
Cerdedo
Codeso
Codesedo
Estripeiro
Fento
Fieital / Fental / Fieiteira
felgo, fenta, fieita, fieito, folgueira
Figueira
Figueirido
Fiúncho
Freixo
Herba
Laranxeira
Liño
Loureiro
Maceira
Mato
Breña, coucheira, matagueira,vedramio
Millo
Nabo
Nogueira
Nogueirido
Nogueiredo
Noceda
Noceira, caroleira, concheiro, coucheira, croucheira
Sabugueiro
Sabugal
Salgueiro
Salgueiral
Salcedo /Salgueiriños
Sanguiño
Sanguiñedo
Sanguiñeda
Silveira
Silva
Sobreira
Sobral, cortizo
Vide
Videira, vidra
Vime
Xunco