venres, 19 de febreiro de 2016

As árbores salvan vidas


"Constituíndo un estudo sen precedentes, científicos do Servizo Forestal de Estados Unidos mediron a magnitude dos efectos dos bosques sobre a calidade do aire e a saúde humana. Segundo os seus cálculos, as árbores ao redor do país salvan a vida de máis de 850 persoas cada ano e preveñen ao redor de 670,000 casos de síntomas respiratorios agudos. 
Desde hai tempo sábese que as árbores filtran a contaminación do aire, xa que a súa superficie intercepta as partículas nocivas. Ademais de absorber dióxido de carbono e emitir osíxeno, tamén eliminan outros gases tóxicos ó  absorbelos mediante os estomas das follas, é dicir, os pequenos poros que atravesan a epidermis das plantas. Con todo, ata agora descoñecíase o valor dos efectos da vexetación no aire. 

Os investigadores Dave Nowak e Eric Greenfield, xunto cos seus colegas, utilizaron simulacións computarizadas e datos ambientais locais para descubrir que as árbores e bosques en Estados Unidos foron responsables de eliminar 17.4 millóns de toneladas de contaminantes do aire en 2010. O estudo baseouse en catro contaminantes: dióxido de nitróxeno, ozono, dióxido de xofre e partículas aerodinámicas menores a 2.5 micras de diámetro. 

A contaminación do aire ten graves efectos sobre a saúde, incluíndo problemas no sistemas vascular, cardíaco, respiratorio e neurolóxico. Tamén se ligou cun maior risco de padecer autismo e cancro. Debido ó perigo que representa, a OMS declarou a contaminación do aire o "risco ambiental para a saúde máis grande do mundo".

Dados os resultados, os investigadores conclúen que é de suma importancia incrementar o número de árbores nas zonas urbanas. E canto máis densos sexan os bosques, maior será a cantidade de contaminantes eliminados do aire e máis notorios os beneficios á saúde".   (Muy Interesante)

luns, 15 de febreiro de 2016

Eucalipto do Pazo de Rubiáns


Un piñeiro e un carballo convivindo xuntos






En  "Canicosa de La Sierra" (Burgos) pódese atopar esta curiosa obra da natureza, un piñeiro dentro dun carballo como se fora un canguro co seu fillo na bolsa. Esta "dobre árbore" foi unha das competiron coa Metasequoia de Lourizán.
En Campolongo tivemos tamén algo semellante, estes estaban pegados e por iso lle chamábamos a "Árbore dos namorados"

domingo, 7 de febreiro de 2016

Magnolios coa flor no Castelo de Soutomaior


Máis sobre Magnolias

Na segunda foto vese o Castelo de Soutomaior  con "Plátanos" xigantes sen folla en pleno inverno e con algunhas camelias que están no seu tempo

sábado, 6 de febreiro de 2016

Amarelles ou Narcisos

Os amarelles ou narcisos son plantas bulbosas anuais pertencentes ao xénero Narcissus, da familia das amarilidáceas,
O seu nome científico é o “Narcissus cyclamineus” .
O amarelle que temos no "Ghafos" é  un endemismo galaico-portugués.  Máis ben da metade da metade da zona occidental. Esta especie considérase vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.


Flora do Río dos Gafos

Amancio Castro é co-autor, xunto con Francisco Javier Silva-Pando, doutor en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid e xefe do departamento de Ecosistemas Forestais do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, dun interesante libro que se presentou a finais de xaneiro: FLORA DO RÍO DOS GAFOS, editado pola Concellería de Cultura do Concello de Pontevedra.

Aves do Río Gafos

Ramón Sineiro, fai un traballo de catalogación das aves do río Gafos, por encarga de Vaipolorío.

No libro fai unha reseña de tódolas aves que habitan no río Gafos, un río que comenza chamandose Cocho e na madurez noméase Gafos. O río Gafos que ten un recorrido de 11 kms. desemboca na cidade de Pontevedra.

Este libro permitiume ampliar a miña lista de aves e completar con detalles outras fichas.

Merece a pena o libro.

O libro está editado polo Servicio de Publicacións da Excma. Diputación de Pontevedra, no ano 2005.

Unidade Didáctica sobre o Río "Ghafos"


Outros estudos

venres, 27 de novembro de 2015

Ou segredos dunha presa de terra

O alumnado de 5º da nosa escola, CEP Campolongo,  exercen estes días de pequenos investigadores tratando de descubrir a que tipo de chans e ecosistemas pertencen as mostras de materiais recollidos para a investigación: terra, area, follas, bichería e incluso residuos inorgánicos- recollidas polo profesor Amancio Castro, de Vaipolorío, en sotos, praias e ríos.

Protexidos con luvas, os escolares, divididos en equipos, clasifican as mostras, aparentemente sen moita dificultade, a pesar das trampas que lle pon o profesor Castro para facerlles pensar. Os ourizos das castañas non deixan lugar a dúbidas. Proceden dun soto de castiñeiros. Pero que fai entón no medio unha folla de carballo, si non hai landras entre os restos. A conclusión á que chegan é que o vento puxo arrastrala desde unha carballeira próxima.

Outro equipo trata de identificar polo cheiro unha folla de loureiro. «Cheira a marisco», din. Efectivamente, as súas nais utilízano para cocelo e hoxe aprenderon que esta especie autóctona se dá na ribeiras dos ríos. Neste caso pertence ao ecosistema do Gafos, igual que outras follas de amieiros, vidueiros ou salgueiros que teñen sobre a mesa.

A area de praia tampouco deixa lugar a dúbidas sobre o ecosistema litoral do que procede , pero vén mesturada con outros restos que permiten intuír que hai piñeirais e eucaliptales próximos.

Con esta actividade, titulada "Os segredos dunha presa de terra", participa Vaipolorío no programa Voz Natura de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, neste ano 2015  dedicado ó solo.

Ver máis fotos

Ver nova na prensa

sábado, 7 de novembro de 2015

Outono no Parque de Campolongo

1- Chopo 2- Alciprés dos pantanos (Alciprés calvo) 3- Freixo 4- Palmeira 5- Camelio 6- Salgueiro 7- Liquidambar 8- Alciprés de Portugal 9- Piñeiro de Oregón 10- Xinkgo Bilova 11- Pradairos 12- Moreira 13-        14- Loureiro  15- Carballo Americano  16- Pradairo vermello ou americano 17- Tulipa 18- Alfaneiro chines  19- Bidueiro 20- Carballo do país 21- Abeto  22- Cedro 23- Azar de China (Pitosporo) 24- Cedro  25- Tuias 26- Abeleiras 27- Ailanto (árbore dos deuses) 28- Catalpa

Ver en imaxes