venres, 19 de maio de 2017

O caudal do río Gafos a mediados de maio do 2017 pola zona urbana da cidade de Pontevedra

Profundidade do río 20 cm de media
Ánades

Collendo auga par analizar a calidade
Peixes: escalos pequenos ó lado das "Espigas de auga"




Nudosillas (Plantas invasoras)
Medindo 10 m para logo ver a velocidade da auga

Ver máis fotos

   Caudal (m³) = sección (m²) x velocidade  (m/s). 

  Hoxe, 19 de maio de 2017, tocou ver o caudal do río do noso tramo no Proxecto Ríos, xunto  con algún peixe (escalo)  e algunhas  "Herbas acuáticas", na que máis nos fixamos destas  foi a "Espiga de Auga". Das non acuáticas atopamos  a "Nudosilla", invasora pero non tanto como a "Tradescantia" ou  Amor de home . Faltábanos ver a velocidade da auga para saber o caudal, para iso tiramos un anaco de rolla dunha botella e cronometramos o tempo en percorrer os 10 m, logo dividimos os metros que percorreu entre os segundos que tardou (26") e deunos, 10 m : 26"  =  0,3846 m/s  . O outro dato sacámolo da anterior saída que fixemos,   sección: anchura (m) x profundidade (m),  7m x 0,20 m = 1, 4 m².  Ancho do río (7 metros) x profundidade da auga  0,20 m (de media) pois a zona máis profunda neste tramo foi de 0,35 m.  Antes de chegar a onde medimos atopamos unha zona con 0,60 m de profundidade, pero esa non a usamos como referencia pois non é o normal por esta zona do río. Con todos estos datos chegamos a fórmula final  para calcular o caudal :
 sección x velocidade  ( 1, 4 m² x 0,3846 m/s )  e deunos  0, 53844 m³ /s.
Expresado en litros  seria 53, 844  l   (por segundo).
 Nota: Recordamos que 1 m³ = 1.000 litros.
De volta a escola recollimos un pouco de auga para analizar na aula. Que será a próxima práctica que faremos.  Máis na Etiqueta Proxecto ríos

mércores, 17 de maio de 2017

martes, 16 de maio de 2017

1º Paseo polo río Gafos para coñecelo un pouco (2º A)


Fonte dos pasais
Na zona do Gorgullón. Final do noso tramo


De volva coas plantas

Medindo a profundidade do río
Con ánades polo río

Con un colar de vimbia
Malvas
Con estraloque na man
Despois de coñecer as árbores da Escola e un pouco  as do Parque  de Campolongo (roteiro das Camelias , roteiro dos Magnolios ) , hoxe tocou andar un pouco polo río Gafos para ver o que por alí atopabamos.  Foron moitas cousas, algunhas plantas clasificámolas co nome de "Herbas de San Xoán" (Velas en Ríos Galegos) .  Recollimos unha mostra dalgunhas para facer un pequeno herbario con elas: Malva, Fento Macho, Loureiro, Sabugueiro, Estraloque ..Se cadra igual facemos tamén o coñecido "Cacho". As outras que tamén atopamos,  meterémolas tamén nun Herbario que intentaremos facer: carballo, ameneiro, salgueiro, ruscus, acacias, herba de namorar, celidonia (a que pinta)....    Aproveitamos  tamén para medir o ancho do río dentro da nosa zona de estudo, foron 7 metros,  e a profundidade de auga nese momento, era  38 cm. Cando midamos a velocidade da auga polo río axiña saberemos o caudal do río: cantidade de litros que pasan por segundo por unha zona do río.
Ver máis fotos

luns, 15 de maio de 2017

As sete Herbas de San Xoán






Sete herbas ao resío, deixadas a macerar en auga de sete fontes nun cacho. Son case sempre plantas aromáticas e medicinais cunha distribución e dispoñibilidade non xeneralizada por todos os ecosistemas de Galicia, polo que a elección varía segundo o lugar. Un mínimo de sete, polo que facemos unha escolma das máis comúns " : codeso, estalote,  fento macho, fiuncho, herba das feridas, malva, romeu,   (Ver as sete  xuntas) 

 Outras que non tamén se utilizan dependo do lugar : o mexacán, a macela, a hortensia, o allo, o ourego, o loureiro, o velenoso trobisco ou matapulgas, as árbores amieiro, carballo e castiñeiro ou as follas das canas, laranxeiras, figueiras ou noceiras.  Máis na wikipedia

venres, 7 de abril de 2017

Maceira xaponesa péndula - Malus floribunda ‘Pendula’


No Parque de Campolongo, pola rúa Iglesias Vilarelle, preto das mesas que hai para xogar ó "Tenis de mesa"

Forsithia no Parque de Campolongo

A Forsythia é un xénero dedicado a William Forsyth, o xardineiro do rei Jorge III de Inglaterra, falecido no ano 1804. Este tamén foi membro fundador da Horticultural Society máis antiga. A Forsythia comprende seis especies, cinco delas orixinarias de Asia e unha de Europa. Trátase de arbustos de folla caduca, de distintas formas e tamaños, pois neste xénero pódense atopar arbustos tapizantes e ananos e outros de porte ergueito que superan os 3-4 m de altura.

mércores, 15 de marzo de 2017

Paseando coas camelias de Campolongo


C. japonica
C. reticulata


C. japonica

C. japonica "Alba Plena"
Aquí temos algúns dos exemplares que vimos na 3º saida do Proxecto Ríos co alumnado de 2ºA. A primeira dentro do cole , unha das xapónicas máis bonitas que temos. A segunda pola dereita é unha reticulata que temos preto da igrexa de San Xosé no Parque de Campolongo, logo temos dúas máis xapónicas, das que sabemos que a segunda é coñecida por "Alba Plena". Todas elas están dentro da contorna do noso río "Ghafos".

luns, 13 de marzo de 2017

Magnolios coa flor en febreiro





 Na rúa Alcalde Hevia de Pontevedra. As pequenas son o tipo " M. Estrelata". A grande é unha "M. Soulanxeana". Artigo relacionado

sábado, 18 de febreiro de 2017

Libro catálogo de Árbores Senlleiras (Roteiro)


Tríptico do Pazo de Lourizán


Catálogo do Pazo de Lourizán

Efectos do "Tren candadiense"







 Xunto cos Cedros do Himalaia, , un dos "Trens canadienses que pasou este inverno" polas nosas terras, fixo que algún cedro, unha tulipa e outras árbores desapareceran na nosa flora en Campolongo. Algunhas podíanse recuperar por que non cairon de todo, pero non houbo moito interés en facer as cousas ben e manter estas árbores que estaban a facer un bonito xardín botánico no Parque de Campolongo.  Xunto as estas, non sabemos por qué, un curioso érvedo que estaba na entrada do Parque do Cogumelo tamén o cortaron. Quen deu a orde de semexante barbaridade?

Roteiro dos Magnolios no Parque de Campolongo pola parte urbana do Río Gafos

Magnolio Liliflora

Magnolio Soulanxeana




Magnolio Estrelata
Liliflora










Despois da desfeita estes días do "Tren Canadiense", o alumnado de 2ºA do CEP Campolongo, inmerso no Proxecto Ríos, fixo unha saída case primaveral, neste mes de febreiro, que  lle chamamos o  "Roteiro dos Magnolios" . Quedounos por facer unha foto co  "Magnolio Grandiflora"  , pero  sí o fixemos cos  que estaban coa flor, o  "Liliflora", o "Estrelata" e o "Magnolio Soulanxeana", tal e como vemos nas imaxes.  Todos estos están na beira do río na zona canalizada, no Parque de Campolongo.  Aproveiamos o roteiro para ver, tamén coa flor neste tempo de inverno,  algúns dos camelios e  unha árbore non moi común polas nosas terra o "Marmeleiro xaponés". Para rematar, como estaba co froito,  algúns xa en descomposición, ollamos preto da nosa escola  un curioso "Mirtilo de Nova Zelanda".     Ver máis fotos - Máis dos mesmos Magnolios