Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- CEP Campolongo
- Campolongo
- Catálogos
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Documentais
- Documentos
- Dípticos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas aromáticas
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Musica
- Muíños
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
- Árbores
- Árbores Senlleiras
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
luns, 13 de marzo de 2017
Magnolios coa flor en febreiro
Na rúa Alcalde Hevia de Pontevedra. As pequenas son o tipo " M. Estrelata". A grande é unha "M. Soulanxeana". Artigo relacionado
sábado, 18 de febreiro de 2017
Efectos do "Tren candadiense"
Xunto cos Cedros do Himalaia, , un dos "Trens canadienses que pasou este inverno" polas nosas terras, fixo que algún cedro, unha tulipa e outras árbores desapareceran na nosa flora en Campolongo. Algunhas podíanse recuperar por que non cairon de todo, pero non houbo moito interés en facer as cousas ben e manter estas árbores que estaban a facer un bonito xardín botánico no Parque de Campolongo. Xunto as estas, non sabemos por qué, un curioso érvedo que estaba na entrada do Parque do Cogumelo tamén o cortaron. Quen deu a orde de semexante barbaridade?
Roteiro dos Magnolios no Parque de Campolongo pola parte urbana do Río Gafos
Magnolio Liliflora |
Magnolio Soulanxeana |
Magnolio Estrelata |
![]() |
Liliflora |
Despois da desfeita estes días do "Tren Canadiense", o alumnado de 2ºA do CEP Campolongo, inmerso no Proxecto Ríos, fixo unha saída case primaveral, neste mes de febreiro, que lle chamamos o "Roteiro dos Magnolios" . Quedounos por facer unha foto co "Magnolio Grandiflora" , pero sí o fixemos cos que estaban coa flor, o "Liliflora", o "Estrelata" e o "Magnolio Soulanxeana", tal e como vemos nas imaxes. Todos estos están na beira do río na zona canalizada, no Parque de Campolongo. Aproveiamos o roteiro para ver, tamén coa flor neste tempo de inverno, algúns dos camelios e unha árbore non moi común polas nosas terra o "Marmeleiro xaponés". Para rematar, como estaba co froito, algúns xa en descomposición, ollamos preto da nosa escola un curioso "Mirtilo de Nova Zelanda". Ver máis fotos - Máis dos mesmos Magnolios
Calendario do Proxecto Ríos coas actividades programadas
luns, 6 de febreiro de 2017
Paulownia tormentosa / Kiri ou Árbore Emperatriz

A loita contra a desertificación e o ambio climático podería ter un gran aliado na propia natureza. Segundo podemos ler en «O blogue verde», existe unha planta capaz de crecer en terras nas que ningunha outra especie podería sobrevivir, achegándolle ademais toda clase de nutrientes que a transforman nun chan fértil.
Esta árbore tan excepcional é a Paulownia tormentosa, coñecido como kiri ou árbore emperatriz. Cunha altura de ata 27 metros e grandes follas e vistosas flores, o kiri popularizouse como planta ornamental en Xapón, desde onde se estendeu a Europa no século XIX.
Entre as súas características destaca a súa capacidade para resistir a agresións extremas, como o lume, xa que pode rexenerar as súas raíces e vasos de crecemento de forma rápida mesmo en terreos case estériles. Por iso, adoita utilizarse como «planta pioneira» en chans pouco fértiles posto que as súas follas, ricas en nitróxeno, achegan nutrientes ao chan ao descompoñerse, mentres que as súas raíces preveñen a erosión.
Ademais, absorbe dez veces máis dióxido de carbono que calquera outro árbore e emite grandes cantidades de osíxeno, o que o converte nun aliado con gran potencial para loitar contra o cambio climático. Con estes credenciais, en 2008 iniciouse en Texas un proxecto denominado The Kiri Tree Revolution, co obxectivo de plantar un millón destas árbores para purificar o contaminado chan deste estado norteamericano e lograr que volva ser apto para o crecemento de especies vexetais.
Se a experiencia prospera, a árbore máis resistente do mundo podería axudar a recuperar moitos recunchos do noso cada vez máis deteriorado planeta.
venres, 3 de febreiro de 2017
Cedros do Himalaia das Palmeiras de Pontevedra despois dun temporal
Na noite do 3 de febreiro de 2017 un "Tren canadiense" (Borrascas seguidas) rachou unhas cantas polas destas árbores senlleiras de Pontevedra.
sábado, 28 de xaneiro de 2017
luns, 9 de xaneiro de 2017
mércores, 28 de decembro de 2016
venres, 23 de decembro de 2016
xoves, 15 de decembro de 2016
mércores, 14 de decembro de 2016
domingo, 11 de decembro de 2016
sábado, 10 de decembro de 2016
venres, 2 de decembro de 2016
1ª saída do Proxecto Ríos - Reparto das árbores collendo unha das súas follas
Esta foi a 1ª saída do noso Proxecto Ríos. Comezamos descubrindo os nomes das árbores que temos no cole. Cada alumno/a tivo que aprender o nome dunda delas. Se tiña folla collía unha para logo secar e ver se nos queda ben para facer o noso "1º Herbario das follas das árbores do cole". Ó ser decembro, o freixo e o magnolio xa non tiñan folla, por ser árbores de folla caduca. O liquidambar estaba lucindo as súas cores de outono, axiña lle caerán todas, ata que volvan a brotar na primavera. Como curiosidade especial poidemos ver por 1ª vez o froito da "Aucuba" ou tamén chamado "Loureiro manchado", cos seus froitos vermellos. Xa temos 18 árbores localizadas. Aínda quedan unhas poucas. Ver plano de situación das árbores - Xoga para coñecer mellor as árbores - Ver máis fotos
mércores, 16 de novembro de 2016
luns, 14 de novembro de 2016
Planos de Pontevedra
En PDF varios planos para poder descargar: da cidade, dos ríos, dos sendeiros, de autobuses ....
sábado, 29 de outubro de 2016
"Butiá" , "Coquinho" - Documentário Amamos Butiá

Nos Xardíns de Vicente (Palmeiras de Pontevedra) podemos atopar este "coquinho de butía". Froito dun tipo de Palmeira, coñecida como "Palmeira de Butiá". As populações naturais dessas palmeiras são denominadas butiazais ou palmares. Na Galiza pódese recoller o froito en outubro e novembro.
"Planta nativa do Rio Grande do Sul, o butiazeiro integra a lista de espécies ameaçadas de extinção no Estado"
De seus frutos, alaranjados, se faz geleia, licor, cachaça e vinagre, e das sementes, comestíveis, se extrai óleo. Também é conhecida pelos nomes de butiá-açu, butiá-azedo, butiá-branco, butiá-da-praia, butiá-de-vinagre, butiá-do-campo, butiá-miúdo, butiá-roxo, butiazeiro, cabeçudo, coqueiro-azedo, guariroba-do-campo e palma-petiza. Segundo a crença de algumas tribos indígenas brasileiras, o butiazeiro é uma árvore sagrada.
domingo, 25 de setembro de 2016
Tumbo serrano - Passiflora tripartita
Tumbo serrano - Passiflora tripartita. Tamén coñecida como curuba, tumbo ou poro poro, é unha trepadora da familia das pasifloráceas. É nativa dos Andes.
Lanzones - Lansium domesticum
Lanzones. O Lansium domesticum era orixinalmente nativo da península malaya.
Momordica charantia
Momordica charantia, coñecida popularmente como melón amargo, cundeamor chino ou balsamina.
xoves, 16 de xuño de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)