sábado, 18 de febreiro de 2017

Calendario do Proxecto Ríos coas actividades programadas

No calendario que nos mandaron veñen as actividades programadas cada mes durante todo o curso. En Febreiro xa tivemos o  día 2, "Días internacional dos humedais", e tamén  a "Presentación do informe do estado dos ríos".

luns, 6 de febreiro de 2017

Paulownia tormentosa / Kiri ou Árbore Emperatriz


A loita contra a desertificación e o ambio climático podería ter un gran aliado na propia natureza. Segundo podemos ler en «O blogue verde», existe unha planta capaz de crecer en terras nas que ningunha outra especie podería sobrevivir, achegándolle ademais toda clase de nutrientes que a transforman nun chan fértil.


Esta árbore tan excepcional é a Paulownia tormentosa, coñecido como kiri ou árbore emperatriz. Cunha altura de ata 27 metros e grandes follas e vistosas flores, o kiri popularizouse como planta ornamental en Xapón, desde onde se estendeu a Europa no século XIX.

Entre as súas características destaca a súa capacidade para resistir a agresións extremas, como o lume, xa que pode rexenerar as súas raíces e vasos de crecemento de forma rápida mesmo en terreos case estériles. Por iso, adoita utilizarse como «planta pioneira» en chans pouco fértiles posto que as súas follas, ricas en nitróxeno, achegan nutrientes ao chan ao descompoñerse, mentres que as súas raíces preveñen a erosión.

Ademais, absorbe dez veces máis dióxido de carbono que calquera outro árbore e emite grandes cantidades de osíxeno, o que o converte nun aliado con gran potencial para loitar contra o cambio climático. Con estes credenciais, en 2008 iniciouse en Texas un proxecto denominado The Kiri Tree Revolution, co obxectivo de plantar un millón destas árbores para purificar o contaminado chan deste estado norteamericano e lograr que volva ser apto para o crecemento de especies vexetais.

Se a experiencia prospera, a árbore máis resistente do mundo podería axudar a recuperar moitos recunchos do noso cada vez máis deteriorado planeta.

xoves, 15 de decembro de 2016

mércores, 14 de decembro de 2016

Xardíns de Lourizán - Árbores Senlleiras

 Traballo feito por Pedro L. de 5ºB durante o curso 2016-17.
Inclúe as árbores senlleiras e singulares do Pazo.

venres, 2 de decembro de 2016

1ª saída do Proxecto Ríos - Reparto das árbores collendo unha das súas follas





Esta foi a 1ª saída do noso Proxecto Ríos. Comezamos descubrindo os nomes das árbores que temos no cole. Cada alumno/a tivo que aprender o nome dunda delas. Se tiña folla collía unha para logo secar e ver se nos queda ben para facer o noso "1º Herbario  das follas das árbores do cole". Ó ser  decembro, o freixo e o magnolio xa non tiñan folla, por ser árbores de folla caduca. O liquidambar  estaba lucindo as súas cores de outono, axiña lle caerán todas, ata que volvan a brotar na primavera. Como curiosidade especial poidemos ver por 1ª vez o froito da "Aucuba" ou tamén chamado "Loureiro manchado", cos seus froitos vermellos.  Xa temos 18 árbores localizadas. Aínda quedan unhas poucas. Ver plano de situación das árbores  - Xoga para coñecer mellor as árbores -  Ver máis fotos

luns, 14 de novembro de 2016

Planos de Pontevedra

 En PDF varios planos para poder descargar: da cidade, dos ríos, dos sendeiros, de autobuses ....

sábado, 29 de outubro de 2016

"Butiá" , "Coquinho" - Documentário Amamos Butiá



Nos Xardíns de Vicente (Palmeiras de Pontevedra) podemos atopar este "coquinho de butía".  Froito dun tipo de Palmeira, coñecida como "Palmeira de Butiá". As populações naturais dessas palmeiras são denominadas butiazais ou palmares. Na Galiza pódese  recoller o froito en outubro e novembro. 

"Planta nativa do Rio Grande do Sul, o butiazeiro integra a lista de espécies ameaçadas de extinção no Estado"
De seus frutos, alaranjados, se faz geleia, licor, cachaça e vinagre, e das sementes, comestíveis, se extrai óleo. Também é conhecida pelos nomes de butiá-açu, butiá-azedo, butiá-branco, butiá-da-praia, butiá-de-vinagre, butiá-do-campo, butiá-miúdo, butiá-roxo, butiazeiro, cabeçudo, coqueiro-azedo, guariroba-do-campo e palma-petiza. Segundo a crença de algumas tribos indígenas brasileiras, o butiazeiro é uma árvore sagrada.

sábado, 7 de maio de 2016

O cuco

O cuco-''Cuculus canorus''. Sen dúbida unha das aves mais caracteristicas dos bosques galegos. E que ten sitio na cultura popular Galega. 

"Cando o cuco cucar e a rula rular colle o saco e Ponte a sementar".

" Cando canta o cuco ven o pan ó suco".

luns, 18 de abril de 2016

Xacinto bravo - Hyacinthoides


Paletaina - Parietaria - Herba das Paredes - Parietaria officinalis L.

Outros nomes: Herba apegalosa,  albahaca de río, caracolera ,,,
Virtudes: As súas calidades son principalmente diuréticas e emprégase nos casos de cálculos renais ou vesiculares, así como na cistitis, ou nas retencións de ouriños.
As virtudes da parietaria son coñecidas desde a antiguedade: Plinio o Vello, no século I, relata a eficacia desta planta no tratamento dun escravo que se caeu desde o alto dun muro.

Emoliente e depurativa, é máis activa cando se utiliza fresca; seca perde parte das súas calidades, a menos que se garde nun tarro pechado hermeticamente.

A presenza de salitre na planta aconsella conservala en lugar seco en evitación de fermentacións  prexudiciais.

Co fin de facer máis aceptable o sabor desagradable das infusións e decoccións, que non a todos pode resultar tolerante, aconséllase engadir unhas pingas de zume de limón ou de laranxa, ou ben un pedacito de cortiza dun dos dous froitos indicados.

Partes utilizadas: Parte aérea da planta, follas peladas, mollo; secado rápido á sombra.

Compoñentes activos: Nitrato potásico, calcio, pigmentos flavónicos, xofre, mucílago, e outras sustancias ata agora descoñecidas.

Propiedades: Diurético,depurativo, emoliente, refrescante.

A foto está sacando dentro do cole (CEP Campolongo)

Nota: Ó lado da Paletaina hai unha cimbalaria

xoves, 14 de abril de 2016

A Farga de Arion, oliveira de 1701 anos


A Farga de Arion, en Ulldecona, foi plantada alá polo ano 314, en tempos do emperador Constantino I (306-337 dC.). Un estudo da Universidade Politécnica de Madrid (UPM), dirixido polo catedrático de Dasometría da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Montes, Forestais e de Medio Natural, Antonio Prieto, determinou que a famosa oliveira ten unha idade estimada de 1.701 anos.
A oliveira monumental de Ulldecona é a árbore datada máis antigo da Península e está así mesmo entre os máis vellos de todo o mundo, segundo revela esta investigación.
A Farga do Pou do Mais, que se atopa na Jana (Castelló), conta cunha idade estimada de 1.182 anos e sería plantado no 833, durante o emirato de Abderramán II (822 a 852 dC.).
Os traballos de datación centráronse no estudo do perímetro do tronco das árbores a 50 centímetros do chan e, con telemetría láser, levantouse a sección que permitiu efectuar os cálculos específicos para coñecer a idade da árbore. Un procedemento que se utilizou como alternativa a outros métodos, como o carbono 14 ou a medición dos aneis de crecemento, que non se puideron aplicar neste proxecto.
O Territorio do Sénia, formado por 27 pobos valencianos, cataláns e aragoneses, conserva a maior concentración de oliveiras monumentais do mundo: 4.798 de máis de 3,50 metros de perímetro de tronco a 1,30 metros do chan, repartidos por 22 pobos.

Sacado e traducido de ABC 

mércores, 13 de abril de 2016

luns, 4 de abril de 2016

Ajuga reptans var. lerezana.


"O investigador pontevedrés Jaime Bernardo Blanco-Dios descubriu a beiras do río Lérez exemplares dunha nova variedade de flor descoñecida ata o momento. Trátase dunha variedade de Ajuga reptans, planta moi frecuente en Galicia, pero que nesta ocasión caracterízase por presentar flores de cor rosa, en lugar de azuis como na variedade típica. Esta flor foi localizada nas parroquias do Campo, en Campo Lameiro, e nas de Lérez e Mourente, en Pontevedra. Dada a singularidade da flor, será descrita como variedade nova para a ciencia no número do mes de maio da revista especializada Bouteloua, explica o investigador pontevedrés, co nome de Ajuga reptans var. lerezana. Blanco-Dios atopou con anterioridade outras novas variedades de flor na comarca, como recentemente ocorreu cun narciso (Narcissus bulbocodium)" .  (Pontevedra Viva)