Ver en outras linguas
Etiquetas
- Acuáticas
- Alóctona
- Arbustos
- Arte
- As Palmeiras
- Autóctona
- Bichos
- CEP Campolongo
- Campolongo
- Catálogos
- Citas
- Cogomelos
- Comestible
- Contos
- Curiosidades
- De auga
- Didáctica
- Documentais
- Documentos
- Dípticos
- Exótica
- Fichas plantas
- Flores
- Fotos
- Fraseoloxía
- Ghafos
- Glosario
- Herbas
- Herbas CEP Campolongo
- Herbas aromáticas
- Herbas de Santos
- Historia
- Historias
- Invasora
- Lendas
- Libros
- Manualidades
- Mediciñais
- Musica
- Muíños
- Naturalizada
- Nemoral
- Oceanía
- Ornamentais
- Paxaros
- Pazo de Lourizán
- Planos
- Plantas
- Poesía
- Pontenciencia
- Pontes
- Proxecto Ríos
- Reciclaxe
- Recordos
- Recursos
- Refraneiro
- Sinonimos
- Sudamericanas
- Traballos
- Velenosas
- Vídeos
- Xardíns de Vicente
- Xogos
- Árbores
- Árbores Senlleiras
- Árbores curiosas
- Árbores espectaculares
sábado, 1 de decembro de 2018
xoves, 1 de novembro de 2018
Concurso Àrbore do ano 2019 - "Piñeiro araucano" do Castelo de Soutomaior. (Pontevedra)

Cun perímetro basal de 2,67 m, que se reduce a 2,46 m á altura do peito, o tronco àlzase dereito sen perder a verticalidade , sen bifurcacións e sen abrir unha verdadeira cruz, como é habitual nos exemplares desta especie, mostrando a primeira ramificación a 9,40 m en que nace unha pola que crece paralela ao tronco principal ata uns metros máis arriba. Aínda que existen poliñas menores, a copa non comeza a formarse ata os 21 m de altura, alcanzando finalmente unha altura de 27 m. O fuste principal está en bo estado sanitario.
Este exemplar de Araucaria araucana do parque de Soutomaior é un dos exemplares da flora alóctona máis notables do “Catálogo de "Árbores e formacións senlleiras de Galicia”, pola súa morfoloxía e, sobre todo, polo pouco frecuentes que son os exemplares adultos desta especie en Galicia.
Descoñécese a súa orixe e o ano exacto da súa plantación, pero sábese que pertence á arboleda orixinal do Parque, creada durante a execución do proxecto de axardinamento practicado, na época do Marqués de la Vega de Armijo, a partir de 1870, cando ten lugar a transformación botánica con motivo da restauración global do castelo.
Trátase dun exemplar protexido ao amparo do “Catálogo galego de árbores senlleiras” (Catálogo de árbores singulares de Galicia) creado pola Xunta de Galicia, a través do Decreto 67/2007, do 22 de marzo. Este Decreto pretende establecer o réxime xurídico básico para as árbores que se inclúan no devandito catálogo, coa finalidade de protexelas de posibles riscos e ameazas, garantindo así a súa conservación. Por tanto, terán consideración de “ senlleiras” (singulares) as árbores ou as formacións de calquera especie, tanto autóctona como foránea, situadas en terreos de propiedade pública ou privada, que sexan merecedoras de medidas específicas de protección en atención ás excepcionais características do a súa porte, dendrometría, idade, rareza, significación histórica ou cultural, interese científico, educativo, estético, paisaxístico ou calquera outra circunstancia que as faga merecedoras dunha especial protección. --- Entrar para votar (ver os outros candidatos)
mércores, 3 de outubro de 2018
Marcha polo sendeiro do río Gafos
Este mércores 3 de outubro saímos facendo unha marcha de senderismo polo Gafos, dende o CEP Campolongo até o Muíño de Cabanas na parroquia de Salcedo. A Asociación Vaiopolorío colaborou conosco abríndonos o muíño para poder velo por dentro. Ver díptico sobre o río - Ver máis fotos
luns, 18 de xuño de 2018
domingo, 17 de xuño de 2018
xoves, 7 de xuño de 2018
mércores, 7 de marzo de 2018
luns, 5 de marzo de 2018
xoves, 25 de xaneiro de 2018
Consecuencias do temporal "Ana" ?
Non sabemos ben se se aproveitou o momento do temporal Ana para "chapodar" estas catro árbores. Xunto con estas hai tres cotos máis neste ano no Parque Campolongo.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)